Presentación da adaptación gráfica de «Memorias dun neno labrego» de Neira Vilas
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
A sede de Afundación en Santiago de Compostela acolleu onte a presentación do cómic Memorias dun neno labrego, inspirado na novela do mesmo nome de Xosé Neira Vilas. O cómic está ilustrado por Iria Aldegunde, que na presentación estivo acompañada polo presidente da Fundación Xosé Neira Vilas, Fernando Redondo, e a secretaria do Ateneo de Santiago, Pilar Sampedro. Aldegunde traballou dous anos na adaptación á novela gráfica e tamén na revisión lingüística. Ademais deste traballo, conta no seu curriculum con colaboración en dous traballos colectivos sobre Florencio Delgado Gurriarán e Xaquín Marín.
Ver en Faro de Vigo