Hemeroteca
Eólicos e rural nos Luns do Ateneo
Compostela, 11 de novembro do 2024 – Os Luns do Ateneo dedican a xornada a analizar o impacto e a problemática dos eólicos no rural. A cita as sete e media na rúa do Vilar, 19.
- Compartir
A conferencia “O efecto dos parques eólicos no medio rural” está organizada pola Sección de Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente do Ateneo e estará a cargo de Pablo Ramil Rego, Director do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER).
A conferencia abordará a presenza dos parques eólicos en contornas naturais e os impactos asociados, como a alteración de ecosistemas e as consecuencias para a biodiversidade e o equilibrio ecolóxico. Falarase tamén dos efectos sociais e económicos deste tipo de infraestruturas no medio rural, que en Galicia particularmente xeran un debate entre os beneficios enerxéticos e as preocupacións locais.
Pablo Ramil Rego é un destacado investigador e profesor de Botánica na Universidade de Santiago de Compostela no Campus de Lugo. Á fronte do IBADER, dirixe investigacións en paleoecoloxía e biodiversidade, con especial atención á influencia humana na paisaxe e aos efectos de perturbacións nos ecosistemas. Ramil é tamén membro de organismos nacionais e internacionais de conservación, como o Comité Español do Programa Hombre & Biosfera da UNESCO, onde ocupa o cargo de secretario do Consello Científico.
Ver en Lindeiros