Hemeroteca

Os luns do Ateneo falan do retorno de Trump

Os Luns do Ateneo falarán, o día 9 ás sete e media da tarde, do regreso de Trump á Casa Blanca, cunha conferencia impartida por Antón Losada.

Compartir

 

A charla do Ateneo leva por título “Trump is Back”. Losada é Profesor Titular de Ciencia Política da USC e coñecido comentarista político. A sesión abordará o impacto do regreso de Donald Trump á presidencia dos Estados Unidos e as súas posibles consecuencias a nivel nacional e internacional.

A conferencia explorará o significado político e social do retorno de Trump á Casa Branca, nun momento de polarización política e retos globais. Antón Losada analizará as claves do fenómeno Trump, os cambios que introduce esta personaxe na política contemporánea e as súas posibles implicacións para o panorama estadounidense, así como o equilibrio de poder no sistema político dos Estados Unidos.

Antón Losada Trabada (Xove, 1966) é Doutor europeo en Dereito e Profesor Titular de Ciencia Política na USC, ademais de investigador en prestixiosas institucións internacionais como Georgetown University e London School of Economics.

Autor de libros como Piratas de lo Público e Los Ricos Vamos Ganando, Losada combina a súa carreira académica cunha intensa actividade como analista político en medios como Cadena Ser, Luzes, El Diario e CTXT. A súa traxectoria profesional inclúe tamén cargos institucionais na Xunta de Galicia e a dirección de Radiovoz en Madrid.

 

Ver en Lindeiros

Eventos relacionados