Conferencia «Alzhéimer: é hora do cambio?» de José María Prieto
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Compostela, 16 de febreiro do 2025 – Os Luns do Ateneo dedican a xornada semana as avances sobre o Alzhéimer cunha charla do doutor José María Prieto, Xefe do Servizo de Neuroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).
Este luns, 17 de febreiro, as sete e media da tarde na Rúa do Vilar 19, Prieto impartirá a conferencia ”Alzhéimer: é hora do cambio?” na que abordará os avances no coñecemento desta enfermidade neurodexenerativa e as posibles vías demellora na súa prevención, diagnóstico e tratamento.
O Alzhéimer é unha das doenzas neurolóxicas máis prevalentes no mundo e representa un reto tanto para os profesionais da saúde como para as familias e a sociedade en xeral.
O Doutor Prieto fará un repaso pola evolución dos tratamentos dispoñibles, os novos enfoques terapéuticos e os cambios que urxe acometer no ámbito asistencial e científico para mellorar a calidade de vida dos pacientes e avanzar cara a unfuturo con máis posibilidades de prevención e cura.
José María Prieto González é unha das referencias en Neuroloxía en Galicia. Licenciado e doutor en Medicina pola USC, especializouse en Neuroloxía con formación no National Hospital For Neurology and Neurosurgery de Londres.
Actualmente, ademais de dirixir o Servizo de Neuroloxía do CHUS, é Presidente da Sociedade Galega de Neuroloxía e do Consello Médico Asesor de Esclerose Múltiple España, e lidera o grupo de investigación «ITEN» no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS).
Ver en Lindeiros