Hemeroteca
O pioneiro da bioquímica Fernando Calvet nos Luns do Ateneo
Manuel Freire, Catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular da USC será o encargado da conferencia sobre Fernando Calvet no auditorio da rúa do Vilar.

- Compartir
A charla de este “Luns do Ateneo” leva por título “Fernando Calvet, pioneiro da Bioquímica e promotor da Biotecnoloxía en Galicia”. O Ateneo de Samtiago colabora en esta ocasión coa Real Academia Galega de Ciencias.
O acto terá lugar, como todos os luns, na Rúa do Vilar, 19, ássete e media da tarde. A charla estará impartida Manuel Freire, Catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular da USC, e abordará a traxectoria de Fernando Calvet, unha das figuras clave no desenvolvemento da Bioquímica en Galicia e un referente na promoción da Biotecnoloxía.
Pioneiro na investigación e formación en Ciencias da Vida, a súa contribución foi determinante na modernización dos estudos científicos e na consolidación de Galicia como un espazo de referencia no ámbito biotecnolóxico. O relator analizará o impacto do seu traballo e a súa influencia no desenvolvemento de novas xeracións de investigadores.
O conferenciante, Manuel Freire Rama, é un destacado investigador e docente con máis de catro décadas de traxectoria na USC. Natural de Esteiro (Muros), desenvolveu un intenso labor académico e investigador na área da Bioquímica e Inmunoloxía Molecular, participando en múltiples proxectos nacionais e internacionais.
Ademais de ser decano da Facultade de Bioloxía entre 1989 e 1994, fundou o Laboratorio de Bioquímica e Bioloxía Molecular da USC en 1976. Membro de prestixiosas sociedades científicas nacionais e internacionais, a súa carreira estivo marcada pola contribución á investigación biomédica e ao ensino universitario en Galicia.
Ver en Lindeiros