Hemeroteca

Axenda cultural: O Ateneo proxecta as curtas premiadas en Cineduca

Compartir

CINEMA. Ás 19.00h, o Ateneo de Santiago celebra na Rúa do Vilar, 19, o acto de clausura da IV Mostra Internacional de Cine e Educación (Cineduca).

A sesión incluirá a entrega do IV Premio Ateneo CINEDUCA e a proxección das curtametraxes galardoadas nesta edición, que contou coa participación de centros educativos de toda Galicia.

A mostra volveu poñer en valor o cine como ferramenta pedagóxica e creativa para fomentar valores de cidadanía, memoria e compromiso social nas novas xeracións.

 

Ver en El Correo Gallego

Eventos relacionados