Hemeroteca

Axenda cultural: Francisca Sauquillo nos Luns do Ateneo

Compartir

Ás 19.30 horas o local do Ateneo de Santiago, na rúa do Vilar (número 19), acolle a conferencia Europa e a paz, integrada na súa programación Luns do Ateneo e que será impartida pola avogada Francisca Sauquillo, presidenta de Honra do Movemento pola Paz. Sauquillo, feminista e defensora dos Dereitos Humanos, dedicou a súa vida á defensa de causas sociais, tendo recibido ao longo da súa traxectoria numerosos galardóns vinculados coa súa defensa dos dereitos humanos.

Eventos relacionados