Hemeroteca

Axenda cultural: Proxección de 'Malencolía'

Compartir

 

CINEMA. O Ateneo de Santiago acolle hoxe, ás 19.00 horas, a proxección da película Malencolía, dentro do ciclo Cinema galego do século XXI do Cineclub Ateneo.

O acto terá lugar, como no resto de sesión do cineclub, na rúa do Vilar, 19, e contará coa presenza do seu director, Alfonso Zarauza, quen presentará o filme e participará nun coloquio posterior co público asistente.

Malencolía (2021) conta a historia de Sira e Pepe, unha parella que, tras vivir dez anos en Berlín, decide regresar a Galicia en busca dun novo comezo.

 

Ver en El Correo Gallego

Eventos relacionados