Conferencia «Isaac Díaz Pardo, o pintor que non quixo pintar» de M. Quintana Martelo
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
CHARLA. O presidente da Real Academia de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, ofrece ás 19.30 horas unha charla incluída na programación de abril dos Luns do Ateneo, no local da rúa do Vilar, 19, arredor da figura do homenaxeado no Día das Artes Galegas 2025: Isaac Díaz Pardo. Baixo o título O pintor que non quixo pintar, o tamén artista plástico falará da figura do emblemático artista, empresario e intelectual nado en Santiago. Ata as 19.20 h. o acceso é exclusivo para ateneístas e a partir desa hora o acceso é libre.
Ver en El Correo Gallego