Proxección da película «As neves do Kilimanxaro» de Robert Guédiguian
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
CINE. O Ateneo de Santiago ten programada para hoxe ás 19:00 horas, no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela), a proxección da película As neves do Kilimanxaro, comprendida dentro do ciclo O cine francés do século XXI do Cineclub Ateneo.
Dirixida por Robert Guédiguian, a película narra a historia dunha parella que vive feliz desde hai 30 anos, pero o seu benestar verase alterado por dous homes armados e enmascarados que os golpean e atan, e fúganse coas súas tarxetas de crédito.
Ver en El Correo Gallego