Conferencia «Fundación e Casa RIA: un novo espazo aberto á comunidade no centro de Santiago de Compostela» de Manuel Rodríguez
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
O Ateneo de Santiago acollerá este luns, ás 19.30 horas, unha nova conferencia na Rúa do Vilar, 19. Esta semana, o relatorio levará por título «Fundación e Casa RIA: un novo espazo aberto á comunidade no centro de Santiago de Compostela» e estará impartida por Manuel Rodríguez, director da Fundación RIA. O acto contará coa presentación do arquitecto Ángel Panero.
Na charla abordarase a creación e o desenvolvemento da Casa RIA, un espazo situado en pleno centro histórico de Santiago pensado como punto de encontro para proxectos de interese social, cultural e urbanístico. O relator explicará como esta iniciativa pretende contribuír á revitalización do tecido urbano e á participación cidadá desde unha perspectiva baseada na arquitectura e o territorio.
Manuel Rodríguez é arquitecto pola ETSAB da Universidad Politécnica de Catalunya e ampliou a súa formación na Universidade de Lund, en Suecia. No ano 2016 incorporouse ao estudo David Chipperfield Architects en Londres, desde onde impulsou o proxecto Estudio Arousa, orixe da Fundación RIA, creada en 2017. Dende entón dirixe esta entidade sen ánimo de lucro centrada no desenvolvemento territorial sostible e no diálogo entre arquitectura, comunidade e paisaxe.