Hemeroteca
A Federación de Ateneos de Galicia homenaxeará a Castelao en Rianxo
No acto, que se celebrará o sábado 14, varios poetas galegos recitarán textos propios e doutros autores

- Compartir
A Federación de Ateneos de Galicia renderá homenaxe ao ilustre intelectual e galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao o vindeiro sábado 14 de xuño na súa vila natal de Rianxo.
O evento, concibido como un xesto de lembranza e compromiso cos valores encarnados por Castelao, incluirá unha ofrenda floral ante o seu busto, situado no Paseo da Ribeira, ás 12.00 horas.
A continuación, varios poetas galegos nomeados por cada un dos ateneos participantes recitarán textos propios e alleos, inspirados na figura e o legado do homenaxeado, nun espazo de palabra viva e emoción compartida.
Con esta homenaxe a Federación de Ateneos de Galicia quere reafirmar o seu compromiso coa memoria histórica, a cultura galeguista e a participación cidadá, elementos fundamentais na obra e no pensamento de Castelao, e convida os veciños de Rianxo e a calquera persoa que o desexe a unirse a este acto colectivo de agradecemento a unha das maiores figuras culturais e políticas de Galicia.
Ver en El Correo Gallego