Conferencia «Esplendor dun cenobio beneditino. O Mosteiro de San Martiño Pinario» de Juan M. Monterroso
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
O relatorio do Ateneo leva por título «Esplendor dun cenobio beneditino. O Mosteiro de San Martiño Pinario» e terá lugar na Rúa do Vilar, 19 desde as sete e media da tarde.
A cita cos luns do Ateneo, ás 19.30 horas, coma sempre na Rúa do Vilar, 19. Monterroso imparte a conferencia “Esplendor dun cenobio beneditino. O Mosteiro de San Martiño Pinario”. Ao longo da súa traxectoria investigadora e docente este experto abordou temas fundamentais como a actividade artística nos espazos monásticos e catedralicios, a iconografía relixiosa ou o papel do Camiño de Santiago como motor de creación e conservación patrimonial.
A súa conferencia no Ateneo ofrecerá unha visión sintética e actualizada sobre a arte galega da Idade Moderna e os desafíos da súa interpretación e conservación no presente, a través do Mosteiro de San Martiño Pinario.
Catedrático da USC e anterior profesor da Universidade da Coruña, Monterroso foi decano da Facultade de Xeografía e Historia e director do Departamento de Historia da Arte. Dende hai máis de dúas décadas coordina o grupo de investigación Iacobus, centrado na arte e o patrimonio. Tamén ten participado en múltiples congresos e proxectos expositivos, sendo unha referencia internacional no estudo da arte galega e compostelá.
Ver en Lindeiros