Diálogo cos autores galegos galardoados co Premio da Crítica 2024, Manuel Rivas e Daniel Salgado
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
O Premio da Crítica é o único que se concede nas catro linguas oficiais do Estado.
O Ateneo de Santiago acolleu esta cuarta feira o acto de entrega dos Premios da Crítica 2024 nas modalidades de narrativa e poesía en lingua galega. A cita, organizada en colaboración coa Asociación Galega da Crítica (AGC), visa a recoñecer as obras publicadas o pasado ano por Manuel Rivas e Daniel Salgado, premiados respectivamente polas obras Tras do ceo e Poemas realistas.
O Premio da Crítica é o único que se concede nas catro linguas oficiais do Estado, sen dotación económica pero con gran prestixio no mundo literario.
A entrega contou coas intervencións de Pilar Sampedro, secretaria do Ateneo, Mario Regueira, en representación da AGC, e das escritoras Olivia Rodríguez González e Inma Otero Varela, que acompañaron os autores no acto.
Tras do ceo é a primeira novela dunha serie histórica que Rivas quere vertebrar sobre o eixe da caza do home polo home e a depredación da natureza.
Poemas realistas é a nova entrega de Daniel Salgado, na que explora as posibilidades do poema como testemuña dunha época ou a devoración dunha época que impón o poema.
Ver en Nós Diario