Hemeroteca

Acto de entrega do Premio Alfredo Vicenti 2025

Compartir

 

O luns, 15 de decembro, ás 19.00 horas terá lugar na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, a entrega do premio Alfredo Vicenti de Xornalismo Cívico 2025 a Sergio Pascual Espinilla polo traballo titulado «Silicosis, muerte en suspensión», unha peza sonora emitida en Radio Nacional de España o 25 de setembro de 2025.

O fallo do xurado, constituído por representantes do Ateneo de Santiago, a Federación de Ateneos de Galicia e a Facultade de Xornalismo da USC, entre outros, deuse a coñecer o pasado 20 de novembro, data do aniversario do nacemento de Alfredo Vicenti.

Sergio Pascual Espinilla é licenciado en Xornalismo pola Universidade de Valladolid e máster de Radio pola Universidad Rey Juan Carlos. Traballou en Radio Nacional de España Galicia, no programa «Españoles a la mar» de Radio Exterior de España, e en Castilla y León Televisión. Ademais, tamén pasou por importantes axencias de comunicación, como Axencia EFE e Europa Press, dirixiu o programa literario de radio «La Milana Bonita» e colaborou con Sermos Galiza.

 

Ver en Diario de Santiago

Eventos relacionados