Hemeroteca

Velo fala de Velo

Compartir

 

Hoxe xoves, 30 de outubro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago, en colaboración coa Fundación Carlos Velo, ten programado no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago, situado na Praza de Salvador Parga, 4-2º, de Santiago de Compostela, o acto «Velo fala de Velo», que contará coa participación da cineasta Laura Gardós Velo, neta de Carlos Velo.

No acto presentaranse e proxectaranse os novos documentos visuais aparecidos recentemente na Filmoteca de México nos que o cineasta fala das súas obras Torero Pedro Páramo, así como sobre Luis Buñuel.

 

Ver en Diario de Santiago

Eventos relacionados