Hemeroteca

Ateneo Barroco. Les Charmantes Invasions. A propósito de As Nacións e as batallas no Barroco francés (Carmen Ferreiro / Capela Compostelana)

Compartir

 

LES CHARMANTES INVASIONS
A propósito de As Nacións e as batallas no Barroco francés
CARMEN FERREIROtraverso barroco
CAPELA COMPOSTELANA
FRANCISCO LUENGO viola da gamba / pardessus de viole
XURXO VARELA viola da gamba
JÚLIO DIAS GALVÃO  clave
Salón Teatro
Martes 21 outubro 2025
20.00h

Unha longa traxectoria de máis de trinta anos de traballo na música antiga atesoura o conxunto Capela Compostelana baixo a dirección de Francisco Luengo, que no seu regreso ao Festival Ateneo Barroco afonda nun período de sobresaínte riqueza musical durante o que resultou particularmente significativo o combativo espírito entre o gusto musical francés e o italiano que se respiraba na Francia do século XVIII. Fronte ao furacán italiano que inundaba e colonizaba musicalmente Europa, as súas sonatas, os seus violíns e as súas óperas, os franceses presentaban batalla defendendo o seu sentido do bo gusto, a súa particular expresividade e o seu estilo. Incluíndo unha das catro nacións (La Françoise, a francesa) dunha das obras mestras do barroco instrumental francés, Les Nations de Couperin, Capela Compostelana confecciona un programa titulado Les Charmantes Invasions (as encantadoras invasións) con obras do barroco francés, sonatas e suites caracterizadas pola presenza de dous dos instrumentos preferidos na Francia dos séculos XVII e XVIII: o traverso barroco e o pardessus de viole. Protagonista salientable é a frautista galega Carmen Ferreiro, quen nesta achega conxunta “instrumental” do Ateneo Barroco 2025 nos presenta o “traverso”, esa frauta da que Hubert Le Blanc dicía na época que “debe ser preferida ao violín pola súa habilidade para imitar a voz”. Pola súa banda, o “pardessus de viole”, o instrumento máis agudo da familia da viola da gamba, foi a resposta francesa aos violíns, un xeito de permitir que os moitos intérpretes de viola da gamba que había en Francia puidesen tocar todo aquel repertorio do moi italiano violín: unha redescuberta da man de Francisco Luengo e Capela Compostelana.

PROGRAMA

Joseph Bodin de Boismortier (1689 – 1755)
Sonate en la menorop 37 nº 5
Vivace – Largo – Allegro

Jean-Marie Leclair (1697 – 1764)
Deuxième Récreatión de Musiqueop 8
Ouverture – Forlane – Sarabande – Menuet – autre Menuet – Badinage – Chaconne – Tambourin 

Jean-Marie Leclair (1697 – 1764)
Sonata en Re Maior op 2 nº 8
Adagio – Allegro – Sarabanda: Largo – Allegro assai 

François Couperin (1668 – 1733)
Premier Ordre “La Françoise”, de Les Nations
           Gravement – Gayment – Gravement – Vivement
           Air (gracieusement)
           Allemande (sans lenteur)
           Première Courante (noblement)
           Seconde Courante (un peu plus vite)
           Sarabande (gravement)
           Gigue (gayment)
           Chaconne ou Passacaille (modérément)
           Gavote – Menuet

 

Ver en Diario de Santiago

Eventos relacionados