Hemeroteca
Visita á exposición de Sotomayor e á Fundación MOP na Coruña
- Compartir
O xoves, 8 de xaneiro, o Ateneo de Santiago realizará unha viaxe á cidade da Coruña, co seguinte itinerario:
15.45h. Saída da Rúa da Rosa de Santiago.
Café.
17.00h. Visita guiada á exposición «Fernando Álvarez de Sotomayor (1875-1960)» na Fundación Barrié.
Mestre da cor, brillante e con extraordinarias harmonías. A exposición, que consta de 76 pinturas, debuxos, fotografías e documentos procedentes de coleccións privadas e públicas, conmemora o 150 aniversario do nacemento do artista e con ela exprésase o grande interese que ten a Fundación en mostrar ao público a obra e personalidade do artista en todos os seus períodos creativos.
18.00h. Visita guiada á Fundación MOP – Exposición de fotografía e moda «Wonderland» de Annie Leibovitz.
A primeira gran retrospectiva en España desta aclamada fotógrafa e retratista, dando conta da evolución dos seus códigos nos seus diferentes estilos xunto a 100 impresións e instalacións de vídeo do mundo do estilo e moda.
20.00 h. Regreso á Rúa da Rosa de Santiago.
O prezo da viaxe é de 15€ por persoa, incluíndo autobús e visitas, e os cales se aboarán directamente ese mesmo día. As persoas que non sexan socias do Ateneo deberán pagar un suplemento de 10€.
Ver en Diario de Santiago