Hemeroteca

Conferencia «Rompendo as barreiras do localismo: O ouro de Ourense», de Bieito Iglesias

Compartir

 

O luns, 15 de decembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha nova conferencia do ciclo «Rompendo as barreiras do localismo» da Federación de Ateneos de Galicia, titulada «O ouro de Ourense», que estará impartida por Bieito Iglesias, escritor e profesor.

Bieito Iglesias Araúxo (Ourense, 1957) estudou Xeografía e Historia na Universidade de Santiago e exerce de catedrático de lingua e literatura galegas en Compostela. Actualmente colabora como articulista en A nosa terra e en Tempos Novos, labor polo que obtivo o Premio Blanco Torres no ano 2004 e que ao ano seguinte se publicaría reunido no libro Barcos a pique. Deuse a coñecer como narrador en 1988, obtendo o premio Modesto R. Figueiredo de relato breve. Como narrador publicou as novelas Vento de sedaA vida apoteósica e A historia escríbese de noite, pola que recibiu o Premio García Barros, amais dos libros de relatos Aventura en NassauMiss OurenseO mellor francés de BarcelonaAmor e música lixeira e Pan e coitelo, libros que chamaron a atención de críticos e lectores. O mesmo ocorreu con Bajo las más bellas estrellas, novela en castelán coa que gañou o premio Ciudad de Salamanca. Tamén é autor, xunto con Manuel Vázquez, das magníficas traducións ao galego das novelas e relatos de Arthur Conan Doyle agrupados na Biblioteca Sherlock Holmes (Galaxia, 1995-1997).

 

Ver en Diario de Santiago

Eventos relacionados