Hemeroteca

Zarauza, Cons, Huerta e Álvaro Gago, no ciclo de Cinema Galego do Ateneo de Santiago

As proxeccións serán os martes ata os comezos de marzo

Compartir

 

O Ateneo de Santiago inicia o día 13 un ciclo de cine galego no que contará con persoas convidadas ligadas ao filmes que se proxectarán os martes ás 19 horas na rúa do Vilar, 19. Trátase dunha selección de títulos recentes, producidos maioritariamente nos últimos dez anos, para achegarse ás tendencias, linguaxes e miradas do audiovisual galego contemporáneo.

O ciclo comezará con «Ons» e coa presenza do seu director, o compostelán Alfonso Zarauza o vindeiro martes. O día 20 tomará o relevo «Arima», coa participación da actriz protagonista, Melania Cruz. Xaneiro rematará con «La isla de las mentiras», presentada pola súa directora, Paula Cons. Xa en febreiro, o día 3, chegará «Mimosas», e un coloquio a cargo do profesor Iván Villarmea. O día 10 será a quenda de «O corpo aberto», con Ángeles Huerta; e concluirá o mes con «Matria», co cineasta Álvaro Gago.

O peche será cunha sesión especial o 3 de marzo con «Raíces« e «La tierra del chicle», de Carlos Velo, ambos presentados por Xosé Ramón Pousa.

 

Ver en La Voz de Galicia

Eventos relacionados