Visita «Bueu e a industria da salgadura»
- Data
- Venres, 24 de outubro de 2025
- Máis información
Unicamente se rexistrarán as inscricións a través do enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal (non se rexistrará ningunha inscrición por teléfono, whatsapp ou outros medios que non sexa o indicado). A data límite para anotarse é o xoves, 9 de outubro, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude.
O venres, 24 de outubro, o Ateneo de Santiago realizará unha visita á industria da salgadura (conserveira) de Bueu, co seguinte programa:
9.00h. Saída da Rúa da Rosa de Santiago con destino a Bueu
10.10h. Café
10.30h. Breve paseo guiado por Bueu
11.00h. Charla informativa «Historia da industria da salgadura. Dende os romanos ata os cataláns» a cargo de Arturo Sánchez Cidrás
Mestre e fillo adoptivo de Bueu. Premio de Xornalismo Johán Carballeira 2015. Autor de numerosos libros sobre Bueu, entre os que destacamos «A industria da pesca salgada», editado pola Consellería de Pesca da Xunta de Galicia.
- Información de sobre a industria da salgadura.
- Coñecer a salgadura romana que existiu en Pescadoira e os restos arqueolóxicos.
- Emilio e Atilio Gágero, de orixe italiano, foron os creadores dunha das destacadas fábricas de conservas de Bueu.
- Visita aos restos das antigas conserveiras dos cataláns e comentarios sobre as innovacións que trouxeron.
12.30h. Visita ao Museo Massó e á nova Sala Lugrís, xunto á antiga salgadura da conserveira Massó
Charla a cargo de Xaime Toxo, nado tamén en Bueu, pedagogo galego, especialista en alumnado con discapacidade visual, escritor con diversos premios e Presidente do Ateneo de Pontevedra, relatará pasaxes sobre “A sombra do Esquecemento”, recordando a artistas moi vinculados á cultura e con Bueu nos anos previos á Guerra Civil, entre os que se citan Maruxa Mallo, Rómulo Gallegos, Johán Carballeira, José Suárez ou Gonzalo Torrente Ballester, entre outros, así como o publicista Federico Ribas, considerado un dos grandes publicistas españois da primeira metade do século XX, fundamental no deseño de Massó, que foi a maior conserveira de Europa, e que dende o exilio pola Guerra Civil deixou unha serie de debuxos aterradores sobre a represión.
14.00h. Xantar en Casa Quintela (Bueu).
16.30h. Visita guiada á Salgadura D´Mourisca
Situada na praia do mesmo nome, na paraxe natural de Cabo Udra en Beluso (Bueu), recentemente rehabilitada.
19.00h. Regreso á Rúa da Rosa de Santiago.

O prezo da viaxe é de 45€ por persoa, incluíndo autobús, xantar e visitas, os cales se aboarán directamente o mesmo día da visita. As persoas que non sexan socias do Ateneo deberán pagar un suplemento de 20€. As inscricións deberán realizarse no enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal ata o xoves, 9 de outubro, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude. No caso de inscribirse máis persoas que prazas dispoñibles, as admisións realizaranse mediante un sorteo, que se levará a cabo o luns, 13 de outubro, tendo preferencia na admisión os/as ateneístas.