Cidade e Universidade

A cidade de Santiago languidece no século XX. Só a manteñen con algo de vida a súa historia, o seu patrimonio e a Universidade. Abordaremos neste podcast a revitalización da cidade pola labor institucional protagonizada en democracia polo Concello e a Universidade, sometendo a un cuestionario fixo a alcaldes e reitores e así, coas súas palabras, poder achegarnos ao seu traballo de cooperación para ver o que fixeron polo renacemento de Compostela.