Programa de cociña, gastronomía e alimentación no que se dará conta de toda a variedade de produtos da nosa terra, con participación de persoeiros relevantes na nosa cultura culinaria, entrevistas e unha pequena receita en cada programa.
-
Dende Noruega ata Galicia
Gastro Radio
-
Cruces de améndoa
Gastro Radio
-
De paseo polo monte galego
Hoxe estamos acompañados de Lita, garda forestal nas Fragas do Eume, que camiñará connosco polo monte galego en busca de cogomelos Maís contidos: As fabas máxicas Volta e volta? Comida de procesión Solución definitiva?
-
Máis san e máis sostible
Despedimos esta temporada de Gastro Radio falando sobre a gatronomía sostible: as súas claves, os seus beneficios e a conmemoración do Día da Gatronomía Sostible.
-
Máis tapas
Hoxe continuamos paseando polas rúas de Santiago para coñecer máis lugares onde podemos tomar unha boas tapas
-
A receita medieval de Melide
Hoxe falamos en Gastro Radio dun dos doces máis emblemáticos dos últimos kilómetros do Camiño Francés a Compostela. Facemos parada en Melide para degustar o melindre
-
Festa da lamprea
Hoxe viaxamos a Arbo para descubrir como un animal tan curioso como é a lamprea pode ser tan amado polos mellores padares.
-
O máis caro do mar
Hoxe falamos dun dos produtos máis caros do mar e que se puido degustar estes días en Tui: o meixón.
-
O millo que case se extingue
Hoxe en Gastro Radio traemos unha variedade especial de millo, que grazas á Asociación Cultural Meiro de Bueu podemos desfrutar en moitas preparacións.
-
A Festa do Queixo
Hoxe viaxamos a Arzúa para descubrir a festa máis grande da localidade, na que se venera un dos produtos gastronómicos máis coñecidos de Galicia: a Festa do Queixo de Arzúa
-
Apto para celíacos
O pan de trigo. Algo tradicional e case fundamental na nosa dieta, pero que moitos non poden tomar. Hoxe en Gastro Radio coñecemos a Gloria Bernárdez, presidenta da Asociación de Celíacos de Galicia, que nos falara sobre este trastorno alimenticio.
-
As fabas máxicas
Temos en Galicia un lugar onde medran fabas máxicas, como as do conto. Viaxamos ao norte de Lugo para coñecer as fabas de Lourenzá.
-
Pucho, bufanda e chocolate quente
Tomar chocolate quente con churros nas cafeterías El Timón e Bonilla na Coruña é toda unha tradición. Pero sabedes de onde vén realmente?
-
Aproveitase todo
Xa sabedes que do porco se aproveita todo e xa sebedes que acabamos de pasar o San Martiño. É o momento de falar do porco.
-
Os mortos sentan á mesa
Que pensaríades se vos digo que era normal no pasado nalgunhas zonas de Galicia convidar aos mortos á cea familiar? Descubrídeo neste episodio de Gastro Radio
-
Betanceiros, que queredes? Tortilla!
Hoxe darémonos un paseo por Betanzos para probar o seu prato estrela: unha tortilla feita cos ovos e as patacas de maior calidade.
-
De Xinzo a Coristanco
Xinzo e Coristanco… Escoitar estes nomes xa lembra a pataca. E é que nestes e noutros sitios de Galicia temos a pataca de maior calidade.
-
As doces flores galegas
Retomamos o podcast de Gastro Radio falando sobre mel, sobre a súa denominación de orixe e sobre as distintas dozuras que hai ao ancho e largo das nosas terras.
-
Paseando por Compostela
Para celebrar o pasado Día Mundial da tapa, hoxe paseamos por Compostela para coñecer en que lugares podemos probar as mellores tapas da cidade.
-
Un tesouro agochado
Queda connosco hoxe para descubrir os mirabeis, un froito que se cultiva en moi poucas zonas e que é moi reclamado por moitos. Poucos saben que en Galicia se dá moi ben e que é aquí un dos poucos lugares de España onde se pode atopar.
-
Tradición americana
Hoxe toca falar do que nos trouxeron os emigrantes das Américas, un manxar que hoxe se fixo imprescindible e todas as comidas entre amigos e familia.
-
Volta e volta?
Hai que darlle unha soa volta ao filete? Por que se di que cocemos mal a pasta? Descubre todos os mitos da cociña e da alimentación neste episodio de Gastro Radio.
-
Comida de procesión
A prohibición de comer carne en Semana Santa levou a que xurdise arredor da Semana Santa toda unha tradición gastronómica. Bacallau, doces, ovos de Pascua…
-
Lendas de olivas, patacas fritidas e froitos secos
Hoxe movémonos entre olivas, patacas fritidas, froitos secos e unha infinidade de pequenos bocados. Falamos de tapas. Por que as comemos e dende cando?
-
Filloas, orellas e outras larpeiradas
Imos descubrir que larpeiradas se comen por Entroido. As filloas e as orellas xa as coñecemos, pero hai moitos outros doces e moitas formas de facelos.
-
Chega o Entroido
Chega o Entroido, e con el moitos pratos típicos galegos. O cocido é o rei destas festas e indispensable en todas as mesas dos galegos.
-
Mouchos, curuxas, sapos e bruxas
Neste programa, ademais de repasar o conxuro da queimada, darémonos unha volta por todas as bebidas e licores galegos, aprendendo de onde veñen, como se preparan e dende cando se adoitan tomar.
-
Comida de pobres
Por que o marisco era comida de pobres? Por que os pescadores se desfacían del? E, sobre todo, por que agora é tan caro e tan luxoso?
-
Grelos, nabizas e repolo
Feito con grelos, nebizas ou repolo, temos un dos mellores pratos da nosa gastronomía: o caldo galego, un dos nosos mellores aliados nestes días de inverno.
-
A Manolo Prieto
Este podcast vai dedicado, non só a Manolo Prieto, o castañeiro da Porta Faxeira de Compostela, senón tamén á castaña, como un dos símbolos do outono en Galicia.
-
Enchendo o bandullo
Hoxe coñecemos unha sobremesa descoñecida das Rías Baixas, que de seguro nos fará encher o bandullo.
-
Trives e Laza
Hoxe repasamos os grandes e saborosos doces de Galicia viaxando ás vilas de Trives e Laza para coñecer como se elabora a famosa bica.
-
Solución definitiva?
É o Nutriscore a solución definitiva aos problemas de Nutrición? Por que segundo esta clasificación o aceite de oliva é peor que uns cereais de chocolate?
-
Talos verdes
Neste programa coñeceremos máis sobre os famosos grelos, como podemos cociñalos, cando se recollen e en que outras culturas e gastronomías son tamén moi utilizados.
-
Pecten Jacobeus
É o momento de volver ao mar e botarlle o dente a un produto moi especial. A vieira. Este molusco convérteuse moitos anos atrás no símbolo de Galicia e por suposto, tamén se pode ver nos pratos da nosa gastronomía.
-
Froito de verán
Descubre hoxe todo o que podemos facer co froito estrela do verán en Galicia: as cereixas. Dende comelas soas como aperitivo ata un doce xeado.
-
Uns pican…
Uns pican e outros non… Iso di a famosa rima arredor dos Pementos de Herbón. Hoxe coñeceremos todos os seus segredos e os trucos para que non piquen ao comelos.
-
Do Cebreiro a San Simón
Todo o mundo coñece o San Simón, o de Arzúa, o de Tetilla ou mesmo o do Cebreiro, pero en Galicia temos multitude de queixerías que loitan por recuperar tradicións case perdidas no mundo dos queixos.
-
O rei do mar
Neste podcast descubriremos os segredos do polbo galego, a súa maneira de preparación, as festas nas que o tomamos, as tradicións…
-
Entre dúas masas
Este podcast vai dedicado a unha das estrelas de todas as cociñas de Galicia: a empanada. Con variedade de ingredientes na masa e multitude de recheos diferente, non deixa de cativar padais.
Máis episodios









