Entrevista a Amparo Alonso

Entrevistas Radio Ateneo
Entrevistas Radio Ateneo
Entrevista a Amparo Alonso
/

Amparo Alonso Betanzos é Catedrática na área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na UDC. Licenciada en Químicas e Doutora en Físicas pola USC, foi Posdoutoral Fellow no Medical College de Georgia (EEUU), onde traballou en temas relacionados co desenvolvemento de Sistemas expertos para aplicacións médicas. Así mesmo, foi tamén Presidenta da Asociación Española de Intelixencia Artificial dende 2013 ata 2021 e participou como membro do Grupo de Traballo en Intelixencia Artificial do MINCIU. Obtivo premios como o Helena Rubinstein-UNESCO “Women in Science” en España e finalista europea en 1998, Premio Galicia TIC á Innovación Dixital en 2004 e á traxectoria profesional en 2019 e Premio Galega do ano 2020 do Grupo Correo Gallego. Hoxe, falamos con ela sobre intelixencia artificial e ética.


Publicado

Etiquetas: