
/
RSS Feed
Antonio Míguez Macho é un historiador compostelán e profesor de Historia contemporánea na USC. Doutorouse en 2006 coa tese titulada “La construcción de la ciudadanía a través de los movimientos sociales. El movimiento obrero en Galicia (1890-1936)”. Agora vén de publicar unha obra titulada “1936. Un nuevo relato”, en conxunto co profesor Lourenzo Fernández e a profesora Dolores Vilavedra. Nesta obra, reflicten a importancia de narrar a Guerra Civil e o franquismo dende outra óptica, que non sexa a dos verdugos.