Entrevista a Beatriz González

Entrevistas Radio Ateneo
Entrevistas Radio Ateneo
Entrevista a Beatriz González
/

Beatriz González López-Valcárcel é Licenciada en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutora en Económicas pola Universidade de La Laguna, ademais de profesora da Universidade das Palmas de Gran Canaria. Foi tamén presidenta da Asociación Española de Economía da Saúde entre 2004 e 2005 e da Sección de Economía da Saúde Pública da Asociación Europea de Saúde Pública (EUPHA) entre 2011 e 2012. Así mesmo, foi membro do Consello Asesor de Sanidade do Ministerio de Economía de España, representante de Canarias no Comité Consultivo do Sistema Nacional de Saúde e Presidenta da Sociedade Española de Saúde Pública e Administración Sanitaria entre 2015 e 2017. actualmente é membro do Grupo de Traballo Multidisciplinar COVID-19 do Ministerio de Ciencia e Innovación.