Entrevista a Carlos Villanueva

Entrevistas Radio Ateneo
Entrevistas Radio Ateneo
Entrevista a Carlos Villanueva
/

Carlos Villanueva Abelairas, un dos maiores expertos en música medieval, é profesor visitante da Universidade de Pennsylvania e asesor da Universidade Católica de Porto, así como profesor habitual de terceiro ciclo nas universidades de Oviedo, Granada, Autónoma de Barcelona e UNAM (México). Foi fundador e director do grupo In Itinere da USC, co que gravou unha ducia de CDs con repertorio medieval, renacentista e barroco, obtendo dous Premios Nacionais de Discografía (1984 e 1986) e o Premio Galegos do Mundo (2000). As súas liñas de investigación abarcan dende o estudo e a interpretación historicista da música antiga, a música nas catedrais galegas ou a relación da música e a literatura. En 1982 obtivo o Premio da Crítica Galicia na categoría de música. Hoxe, falamos con el sobre a música no Códice Calixtino.