Entrevista a Fernando Suárez Lorenzo

Entrevistas Radio Ateneo
Entrevistas Radio Ateneo
Entrevista a Fernando Suárez Lorenzo
/

Co comezo da pandemia, toda a vida se trasladou a internet: os estudos, o traballo, a cultura, o ocio, … Isto supuxo que moitos datos sensibles circularan a través da rede, aumentando as prácticas fraudulentas. Sen ir máis lonxe, estes días acaba de saberse que o 89% das plataformas usadas para a educación a distancia durante os meses de pandemia, catro delas avaladas por distintas Administracións españolas, enviaban datos dos seus alumnos a empresas de publicidade.
Hoxe falamos de ciberseguridade e os perigos de Internet, Fernando Suárez é o impulsor e presidente do colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia. Traballa na Deputación de Ourense, mais traballou en Santiago desenvolvendo o proxecto Smartiago.