Entrevista a José Manuel Sabucedo

Entrevistas Radio Ateneo
Entrevistas Radio Ateneo
Entrevista a José Manuel Sabucedo
/

José Manuel Sabucedo Cameselle é catedrático de Psicoloxía Social na USC, coordinador do grupo SOSOYPA e membro da asociación estratéxica CRETUS. Recibiu o Premio Galicia de Investigación (2006) e o Premio da Real Academia Galega das Ciencias (2020). Foi promotor e primeiro presidente da Sociedade Científica Española de Psicoloxía Social e editor da International Journal of Social Psychology. Con el falaremos das teorías negacionistas e conspirativas ou dos efectos da falta de socialización nos máis cativos, entre outras cousas.