Entrevista a Miguel Vázquez

Entrevistas Radio Ateneo
Entrevistas Radio Ateneo
Entrevista a Miguel Vázquez
/

Miguel Vázquez, membro da Academia Internacional de Cerámica de Xenebra dende o ano 2000, foi Profesor no Obradoiro de Cerámica da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, dende 1986 a 2022. Estudou na Escola Mestre Mateo en Santiago de Compostela, cidade onde tamén realizou unha das súas primeiras exposicións na Galería Sargadelos en 1987. As exposicións individuais sucedéronse sen descanso en numerosos lugares de España, Suecia, Francia, Suíza e Xapón. A elas hai que engadir as colectivas en países como Luxemburgo, Croacia, Austria e Portugal, entre outros. Hoxe falamos con el da arte da cerámica.