Entrevista a Ofelia Rey

Entrevistas Radio Ateneo
Entrevistas Radio Ateneo
Entrevista a Ofelia Rey
/

Ofelia Rey Castelao é Catedrática de Historia Moderna na USC dende 2002. Nesta universidade licenciouse (1978) e doutorouse (1984), nos dous casos con premio extraordinario. Suma 18 libros como autora, dez como coautora e máis de trescentas publicacións en oito países europeos e en México, Argentina, Brasil ou Chile. Como recoñecemento á súa traxectoria, en 2011 foille concedido o premio Wonemburger, da Xunta de Galicia. En 2021 a Fundación de Historia de España de Arxentina dedicoulle un libro monográfico e en 2022 o seu libro El Vuelo corto. Mujeres y migraciones en la Edad Moderna, publicado pola USC, foi galardoado co Premio Nacional de Historia 2022. Hoxe falamos con ela sobre mulleres e migracións no pasado.


Publicado

Etiquetas: