
/
RSS Feed
Hoxe temos con nos enRadio Ateneo Podcast ao primeiro biógrafo de Florencio Delgado Gurriarán, ao que se lle dedican este ano as letras galegas.
Ricardo Gurriarán pensaba que Florencio non existía, polas cartas que lle lía o seu pai, e cando o veu por primeira vez en persoa, decatouse de que era un home real.
Historiador de profesión, a súa paixón pola vida de Florencio levouno a redactar a primeira biografía sobre este literato exiliado e galeguista a distancia.