Que non pare a festa

Libros para as medras
Libros para as medras
Que non pare a festa
/

Non pare a festa! Aínda que xa pasara o entroido… Seguiremos a lembralo e pensar nas máscaras. Como nun desfile noso (e non de Brasil) vai chegando o boteiro, a gárgola, o vellarrón, os charrelos, os chocalleiros, a peliqueira, as teixugueiras, o follateiro, o fedelloso, os felos, a bonita, o madamito e a madama, a barullada, o touro xigante, o cabreiro, o vixigueiro, a marela, o boi, o
fedelloso… todos entrando no folión con instrumentos de todo tipo (campás, tixolas, tambor, bombos, gadañas, sachos, cunchas, chocas, pandeiros… que é o que non serve para facer
música?). Tempo de entroido todo o ano, ou é que non levamos mascaras?