Día de Rosalía, agasallando libros

Libros para as medras
Libros para as medras
Día de Rosalía, agasallando libros
/

O noso é sempre provisorio, é provisoria a normativa da nosa lingua, son provisorias as leis que deben apoiala… e ata resultou provisorio o Día de Rosalía que se celebraba o 24 de febreiro, ata que as últimas investigacións demostraron que naceu un día antes, por iso, este ano, por primeira vez, pasamos a celebrar o Día de Rosalía o 23 de febreiro.
Non importa. A vida é provisional, a ciencia cambia cada día e o que importa é o que importa. O Día de Rosalía celebramos o Rexurdimento da literatura galega e facémolo agasallando un libro en galego e unha flor.