De Raios e Tronos

Compostela nas pequenas historias
Compostela nas pequenas historias
De Raios e Tronos
/

Ao fío do podcast da semana pasada, alguén me remite a pregunta de si os pararraios son elementos modernos ou sempre estiveron aí, coroando as agullas e o cimborio da basílica.
Pois podemos dicir documentalmente que nin tan vellos nin tan novos: hai máis de 150 anos que a catedral está protexida por estes elementos que axudaron a deter a destrución ocasionada polos raios, pois as tormentas eléctricas foron unha das maiores calamidades polas que pasou a catedral ao longo de máis de oitocentos anos de historia.