Tres Santiagos

Compostela nas pequenas historias
Compostela nas pequenas historias
Tres Santiagos
/

Cae a tarde e ponse o sol sobre o Pazo de Raxoi, inundando de dourados as torres da catedral e proxectando sobre a praza do Obradoiro a imaxe imperial do Apóstolo Santiago, un apóstolo guerreiro e pouco edificante que lle corta as cabezas aos mouros que agonizan baixo o seu cabalo branco. Con todo, ao longo do tempo, Santiago aparece representando de tres formas ben distintas: como peregrino, como cabaleiro guerreiro e a figura sedente que agarda a chegada dos peregrinos.