Entrega de Premios Cineduca

CINEDUCA
CINEDUCA
Entrega de Premios Cineduca
/

O pasado martes, 28 de marzo, no Ateneo de Santiago entregamos os premios da II Mostra Internacional de Cine e Educación. Das 14 curtametraxes presentadas polos centros educativos, 4 foron elixidas para ser representadas no Teatro Principal e optar aos galardóns: «Spiderman e eu», do CEIP Eusebio da Guarda da Coruña; «ConcienciAcción polo clima», do IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela; «La Chica de la Ventana», do Centro Escolapios de Monforte de Lemos, e «Mellor docente do ano», do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro de Silleda.