Alfonso Espiño é músico e investigador de Historia da Arte. Recibiu a mención «cum laude» na súa tese de doutoramento sobre a música moderna en Santiago. Hoxe hai 10 anos que se embarcaba nun proxecto editorial que puido saír á luz recentemente. Trátase de Compostela. Música moderna en Santiago (1954-1978), un libro no que Espiño documenta todas as orixes do pop e do rock na cidade, cheo de imaxes inéditas da época que nos fan descubir a historia da música compostelá da segunda metade de século.

Máis emisións