Antón Baamonde é profesor de filosofía e ensaísta. Publicou seis libros e promoveu a revista e o foro Luces de Galicia. Colabora na sección de opinión de El país e é considerado unha das voces máis orixinais e independentes da Galicia contemporánea. Agora vén de publicar o libro Unha nova Olanda: De Ferrol a Porto: as cidades galegas e o norte de Portugal no escenario global.