Ramón Balado é un musicólogo  e un grande namorado da música que leva máis de vintecinco anos seguindo a vida musical en Santiago. Empezou a súa carreira por pura afición e non toca ningún instumento, aínda que segue cada concerto que ten lugar en Compostela. Leva publicados máis de cinco mil artigos, destacando as súas crónicas en El Correo Gallego, que nunca deixou de publicar. Hoxe en Radio Ateneo temos a súa visita, xa que foi un importante asistente do noso Festival de Música, o Ateneo Barroco.

Máis emisións