Seccións

Compostela

É unha das nosas razóns de ser e existir como entidade cívico-cultural. O coñecemento e análise da nosa historia, dos seus procesos máis relevantes e os feitos máis significativos forman parte da nosa realidade actual.

Sociedade Civil

A complexidade das nosas formas de organización política e social e as diferentes maneiras de ver, interpretar e explicar o mundo convértense nunha fonte inesgotable de temas para a reflexión, a discusión, o debate, o diálogo e porque non, tamén o acordo.

Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente

Moitas veces, ao falar de cultura exclúese deste concepto a ciencia, malia ter sido e ser ésta unha construción humana capaz de cambiar o mundo. Existe hoxe, non obstante, unha preocupación social crecente pola educación científica dos cidadáns a través non só dos contidos da educación formal, senón tamén na divulgación científica rigorosa.

Sociedade da Información

A expresión Sociedade da Información ou Sociedade do Coñecemento popularizouse polo seu uso en iniciativas públicas e medios. Relaciónase cun nivel de desenvolvemento do modelo económico e social cara ao que camiñamos, baseado na información e o coñecemento, no que as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) xogan un papel clave.

Arte, Educación e Cultura

Ten unha enorme amplitude de perspectivas, incluíndo a Arte, a Educación e outras temáticas como a lingüística, a arqueoloxía ou a etnografía.