As Campás de San Xoán

Compostela nas pequenas historias
Compostela nas pequenas historias
As Campás de San Xoán
/

Bordeando o Seminario Maior, entre a Praza de San Martiño e a Acibechería, descorre a Rúa da Moeda Vella, onde desemboca a rúa que moitos aínda denominamos dos Brillares. Esta rúa sempre estivo rodeada de misterio, en gran parte pola existencia dunha casa cun campanario baleiro.