En novembro, ciencia

Libros para as medras
Libros para as medras
En novembro, ciencia
/

En novembro, ciencia, porque novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Por iso, falaremos de libros de coñecemento, de libros de divulgación científica.

Pícache a curiosidade? de María Canosa, ilustrado por Ro Ledesma, está publicado por Edicións do Cumio. Trátase de entender o funcionamento de todo canto utilizamos ou nos rodea, axudar a resolver as dúbidas…

O gran libro dos nosos montes de Blanca Millán está publicado, tamén, en Cumio. Con todo tipo de documentación básica sobre os bosques,. “Un álbum divulgativo repleto de ideas orixinais para saír de excursión e aprender a observar a natureza dependendo da estación do ano.”

A lingoaxe das plantas. Os seres máis fascinantes do planeta, unha tradución publicada por Baía. Un libro de moito interese para ir estudando as plantas, as súas partes, tipoloxía, medio natural no que se asentan, etc… Remata cun glosario que axuda a entender toda a información.