
/
RSS Feed
Camino Pereiro é Directora do CPI Virxe da Cela de Monfero, Manuel Losada o Director do CFR de Ferrol e Ramón Veiga é Director do IES Félix Muriel de Rianxo. Hoxe falamos con eles sobre as múltiples experiencias e realidades educativas, nalgúns casos moi diferentes das que estamos acostumados a vivir na nosa contorna. Poderemos comprobar que aínda que os camiños sexan distintos, a educación é sempre o punto de partida co que se constrúe o desenvolvemento colectivo e o benestar persoal.