Novas

Conclusións da xuntanza do Foro Cívico do 1 de xullo de 2021

Compartir

 

1ª. O Ano Santo Compostelán é un evento da Cidade de Santiago. É así que ten que ser a propia cidade a que lidere e o promova en colaboración coas restantes Administracións, Institucións e acadando a colaboración doutras entidades públicas e privadas.
É preciso coñecer a programación e planificación do Ano Santo 2022 e que a organización dos sucesivos Anos Santos conten coa debida anticipación, participación de todos os sectores implicados e adecuada difusión.

2ª. O Camiño de Santiago, como Primeiro Itinerario Cultural Europeo, debe ser obxecto de promoción e desenvolvemento con campañas estables que se centren especialmente nos seus aspectos culturais e históricos tratando así de evitar a súa masificación e salvagardando o seu carácter esencial, deixando á marxe campañas de publicitación que veñan a desvirtuar o sentido da súa utilización así como o destino final na cidade de Santiago de Compostela.

3ª.O turismo de Santiago non debe converterse exclusivamente nun turismo de excursión e peregrinación como eixo fundamental do seu desenvolvemento, a través da creación dunha oferta turística de baixo nivel, escasa creación de valor e cun alto impacto negativo sobre o casco histórico, declarado Patrimonio da Humanidade.

4ª. Resulta imprescindible para todo isto a máis inmediata reunión do Real Padroado da Cidade de Santiago co obxecto de impulsar a coordinación das distintas Administracións, definir un plan conxunto para o Ano Santo2021-2022, fixando unha maior periodicidade nas súas convocatorias e establecer os mecanismos de coordinación e control necesarios.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2021

Foro Cívico Santiago de Compostela

Ver documento