Novas
Ata o domingo 17 de maio: FOTOS CONTRA LA COVID, para reunir fondos en favor de MSF
- Compartir
Nestes momentos tan difíciles, a organización internacional de acción médico-humanitaria Médicos sen Fronteiras está apoiando o sistema de saúde en España e nos países máis desfavorecidos de África, Asia, Oriente Medio e América Latina.
A campaña "Fotos contra la COVID", creada en apoio ao seu labor, permite adquirir, a través da páxina web www.fotoscontralacovid.com, a obra orixinal dalgúns dos mellores fotógrafos de España e América Latina, así como doutros países. O diñeiro recaudado da venda das fotografías irá á ONG RUIDO Photo, entidade dedicada á imaxe documental e á sensibilización en dereitos humanos. Esta encargarase de transferir os fondos (menos os custos de produción, que serán de máximo 15€ por copia) a Médicos sen Fronteiras.
Esta campaña está a piques de concluír o seu percorrido este domingo 17 de maio e para potenciar a súa capacidade de captar fondos durante estes últimos días de campaña realizáronse unha serie de vídeos en colaboración coas persoas que participaron, tanto profesionais da fotografía como curadores. Os vídeos, cunha duración dun minuto aproximadamente, relatan as historias de vida, o contexto político ou as motivacións personais que se atopan detrás dalgunhas das imaxes presentes na campaña. Entre elas está a fotografía dun instante poético captado por Ricard Terré en Galicia en 1962, cedida para colaborar na campaña.
Na páxina web pódense ver esta e outras fotografías á venta de fotógrafos e fotógrafas interesantísimos. Colabora coa compra dunha fotografía ou contribúe á difusión da campaña.