Visita guiada ao xardín e igrexa do Pazo de San Lourenzo
- Data
- Xoves, 22 de xuño de 2023
- Horario
- 17.15h
O xoves, 22 de xuño, ás 17.15h o Ateneo de Santiago realizará, se o tempo o permite, unha visita ao xardín e igrexa do Pazo San Lourenzo.
No percorrido polo xardín estaremos acompañados polo arquitecto Ricardo Varela, experto na arquitectura dos xardíns históricos, tema do que xa nos falou nunha conferencia dos Luns do Ateneo.
A visita á igrexa estará guiada por Maricarmen Sánchez Carrera, membro da Xunta Directiva do Ateneo e experta en historia da arte.
Ao rematar a visita tomaremos un café/infusión con pastas.
O prezo é de 5€ por persoa, os cales se aboarán directamente o mesmo día da visita. As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse previamente no enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal, tendo preferencia de admisión as socias e socios do Ateneo. A data límite para anotarse é o domingo, 18 de xuño.