Visita guiada á exposición «Implosión. Arte conceptual na colección CGAC» no Centro Galego de Arte Contemporánea
- Data
- Xoves, 9 de novembro de 2023
- Horario
- 16.30h
- Lugar
- Centro Galego de Arte Contemporánea
- Máis información

O xoves, 9 de novembro, ás 16.30h o Ateneo de Santiago realizará unha visita á exposición «Implosión. Arte conceptual na colección CGAC», situada no Centro Galego de Arte Contemporánea, que estará guiada polo seu Comisario Pedro de Llano Neira.
As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo. A data límite para anotarse é o luns, 6 de novembro.
Esta mostra toma como punto de partida dúas exposicións: a colectiva A mancha humana, onde a obra de Joseph Kosuth tivo especial relevancia, e a individual sobre Bas Jan Ader In Search of the Miraculous: trinta anos despois. O propósito do comisario é elaborar unha exposición que constitúa un caso de estudo e, ao mesmo tempo, unha narrativa situada (en Galicia) arredor da arte conceptual, unha narrativa que pertenza ao CGAC, que enriqueza o seu patrimonio e que lle confira unha identidade orixinal e diferenciada —algo que xa se vén reclamando desde as orixes da institución— non só no panorama ibérico, senón tamén no internacional.