Debate sobre «La maleta» de Serguéi Dovlátov
- Data
- Martes, 6 de febreiro de 2024
- Horario
- 17.30h
- Lugar
- Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
O martes, 6 de febreiro, ás 17.30h no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terá lugar unha nova sesión do Club de Lectura, onde se comentará a obra La maleta de Serguéi Dovlátov.
La maleta narra a historia dun personaxe que se ve obrigado a facer o equipaxe para emprender unha longa viaxe sen billete de volta. Mentres vai introduciendo nunha única maleta todos os obxetos que o van acompañar, o narrador vai recuperando episodios do seu pasado, fragmentos dunha traxectoria vital que o levou ata onde está agora, pero coa que inevitablemente debe cortar de raíz.
Serguéi Donátovich Dovlátov (Ufá, URSS, 1941 - Nova Iork, 1990) é posiblemente o máis grande escritor ruso dos últimos 50 anos. Fillo dun director de teatro xudeu e dunha revisora ortográfica armenia, a familia foi evacuada na Gran Guerra Patria, regresando en 1944 a Leningrado. En 1959 entrou na facultade de filoloxía da Universidade Estatal de San Petersburgo para estudar finés, onde fixo amizade con poetas como Evgueni Rein, Anatoli Naiman e Joseph Brodsky. Tras ser expulsado dous anos despois, fai o servizo militar, sendo destinado durante un ano a un campo de prisioneiros en Komi, onde comezou a escribir os contos que, co tempo, comporían a novela La zona. Cando regresou, entrou na facultade de xornalismo da Universidade Estatal de Leningrado, traballando como secretario de Vera Panova. Entre 1972 e 1975 foi correspondente en Estonia dos xornais Sovétskaya Estonia e Vecherni Tallinn, así como guía do Museo de Pushkin en Mijáilovskoye cerca de Pskov. En 1975 regresa a Leningrado para traballar na revista para xente nova Kostior (A Fogueira) mais non puido publicar os seus contos polo seu humor ácido revelador do teatro do absurdo que foi a vida na Unión Soviética, sendo unicamente reproducidos na clandestinidade e nas revistas de emigrados. En 1978 a Unión de Periodistas Soviéticos expúlsao, emigrando a Nova Iork, onde foi redactor xefe dun xornal en lingua rusa. Alí publica doce libros, entre novelas e coleccións de contos, acadando grande éxito. Morreu en 1990 de insuficiencia cardíaca sen que as súas obras chegaran a ser publicadas en Rusia, a onde chegaron ao longo dos anos 90.