Debate sobre «El peón» de Paco Cerdá

Data
Martes, 19 de marzo de 2024
Horario
17.30h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Compartir

O martes, 19 de marzo, ás 17.30h no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terá lugar unha nova sesión do Club de Lectura, onde se comentará a obra El peón de Paco Cerdá.

El peón narra o enfrontamento sobre un taboleiro de xadrez de dous homes de mundos opostos no Estocolmo de 1962. Arturo Pomar, o neno prodixio da posguerra, que traballa como auxiliar de Correos en Ciempozuelos, encara a súa última oportunidade deportiva contra un americano novo, excéntrico e ambicioso: Bobby Fischer. Un foi peón do franquismo; o outro seríao da Guerra Fría. Estruturado nos 77 movementos da partida Fischer-Pomar, esta obra percorre as vidas de numerosos «peóns» entregados a unha causa política na España franquista ou nos Estados Unidos de Kennedy naquel convulso 1962, facendo reflexionar sobre dúas cuestións: que fai a Historia en maiúsculas coa vida da xente minúscula e como o sacrificio individual explica as loitas colectivas.

Francisco Cerdà Arroyo (Genovés, Valencia, 1985) estudou xornalismo na Universidade de Valencia, recibindo o Premio Extraordinario de Xornalismo, e cursou o Máster de Estudos de Asia Oriental da Universidade Aberta de Cataluña. En 2007 incorporouse como redactor ao diario Levante-El Mercantil Valenciano, onde desenvolveu a súa carreira profesional. A ONCE concedeulle un dos Premios Solidarios 2015 por reflectir nos seus artigos a realidade dos sectores sociais máis desfavorecidos. Coñecido máis recentemente pola súa obra literaria, ben como autor de varios libros ou como editor en La Caja Books, editorial especializada en literatura de non ficción fundada por el mesmo en 2018, publicou as súas primeiras obras en valenciano. A obra El peón, publicada en 2020, recibiu o Premio Cálamo ao Mellor libro do ano, foi referenciado no New York Times​ e incluso os dereitos foron adquiridos para levalo á pantalla.​ Paralelamente, en 2019 foi nomeado asesor de presidencia para asuntos culturais​ e «materias relacionadas coa despoboación que sofren as comarcas do interior da Comunitat Valenciana».​

Próximos eventos Ver axenda